Concello de Valga e Banda Municipal abaratan as festas parroquiais

Paloma González VALGA / LA VOZ

VALGA

Os representantes de comisións de festas de Valga déronse cita no Concello para informar das novas condicións

04 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Valga e a Banda de Música Municipal unen forzas para promover a presenza da agrupación nas festas das parroquias do municipio. O alcalde, José María Bello Maneiro, explicou onte que o Concello mantén as subvencións que viña outorgando as comisións de festas: 300 euros pola organización e outros 300 por contratar a Banda Municipal.

A novidade vén da propia agrupación, que rebaixará o seu prezo de contratación. Desta maneira, a actuación non lles suporía ás comisións ningún gasto cos 800 euros que poden obter dunha subvención da Deputación.