Valga celebra e estreita os lazos con Valka e Prat de Comte, dous dos seus pobos irmáns
VALGA
Os representantes dos municipios participaron da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País
31 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A festividade máis importante de Valga tamén é un motivo de reencontros. Nesta ocasión, entre os pobos irmáns do municipio galego, os delegados de Prat de Comte (Tarragona) e Valka (Letonia) foron convidados a participar desta 35 edición da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País.
Miquel Trilla, o alcalde español chegou o xoves pasado acompañado da súa comitiva. Despois dun percorrido por espazos como as fervenzas e a Mina Mercedes, achegáronse ao ambiente da romaría dos Milagres de Requián. Relembrando vellos tempos asistiron á pre cata do Concurso da Caña; foi co motivo da primeira Festa da Augardente no Prat de Comte (ano 2000) comezábanse a tecer os lazos entre Valga e os catalás.
Mentres tanto a relación co pobo báltico data de 2018, cando se asinou un convenio para promover o intercambio de culturas. O venres desembarcou o alcalde letón Vents Armands Krauklis e, xunto con Trilla foron recibidos na Casa do Concello polo alcalde valgués José María Bello Maneiro e outros membros do goberno. A continuación fixeron un intercambio de agasallos.