Máis de 70 veciños de Valga anótanse nas actividades de envellecemento activo do Concello
VALGA
Dirixidas a persoas maiores de 55 anos, as actividades de envellecemento activo do Concello de Valga comezarán a vindeira semana con máis de 70 persoas inscritas nas catro actividades propostas e coa posibilidade de anotarse nas mesmas durante todo o curso.
Envellecer con sentidiño: estimulación cognitiva e memoria impartiráse os martes de 10 a 11.30 no Auditorio e de 11.45 a 13.15 no CODI. Valga a vida: autocoidado, faráse os mércores de 17 a 18.30 no Auditorio. Pasos en igualdade: andainas, comezará o 24 de novembro, os luns de 17 a 18.30 horas, substituídas por outra actividade de carácter físico no interior do Auditorio cando a climatoloxía impida facelas ao aire libre. E Arte de envellecer: expresión artística e pintura, con inicio o día 21, os venres de 10.15 a 11.40 no CODI; neste caso, co Concello ocupándose de recoller a aquelas persoas que non poidan desprazarse polos seus medios dende a zona do Auditorio.