Cara e cruz do E. Otero e do Bulthaup antes do seu derbi

vilagarcía / la voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

O cadro cambadés gañou un partido e perdeu outro en Zaragoza, e o vilagarcián fixo o propio en Euskadi

05 abr 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Os dous representantes arousáns na División de Honra do tenis de mesa español, o Establecimientos Otero e o Cocinas Bulthaup Galicia, afrontaron a pasada fin de semana un dobre desprazamento, con idéntico resultado. Un triunfo e unha derrota por cabeza.

O cadro cambadés superaba 3-4 o Publimax CAI Santiago en Zaragoza o sábado, con triunfo de Guillermo Sánchez e Julio José Reyes no dobres definitivo ante Jorge Cardona e Alberto Luño por 2-3. O domingo o resultado do dobres foi o contrario, coa parella galega caendo con Alfonso Beamonte e Marcelo Eduardo Toledo ante o pésimo final de tempada de Fernando Padín, cun 0-4 entre os dous días.

O Cocinas Bulthaup Galicia de Vilagarcía derrotaba o sábado en Euskadi 2-4 o pechacancelas, o Marpex Oargi, caendo o domingo 4-2 ante o Leka Enea.

Deste xeito, os dous cadros arousáns mediránse esta fin de semana co Bulthaup terceiro no último posto de promoción á Superdivisión con 12 vitorias, polas 11 dun E. Otero ocupando a cuarta praza cun partido máis disputado.