Jéssica Bouzas avanza nos dous cadros da Apple Bowl de Avilés

Vilagarcía / La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

A vilagarciá accede ás semifinais de dobres e aos cuartos de final individuais

13 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Esixente, pero moi produtiva segunda xornada a protagonizada onte pola vilagarciá do C.T. O Rial Jéssica Bouzas no Trofeo Apple Bowl de Avilés, cita Sub-16 puntuable para o ránking de Tennis Europe.

Pola mañá a inda xogadora infantil (Sub-14) precisou de tres sets para dobregar a Clara Bascunana de Miguel nas segunda rolda, os oitavos de final. Remontando un 3-6 inicial cun 7-5 no segundo set e un cómodo 6-1 no terceiro e último.

Pola tarde, formando parella coa barcelonesa Fiona Arrese, Bouzas superaba 6-4 e 6-2 o dúo Sara Barriendo-Coral Rodríguez nos cuartos de final.

Hoxe Jéssica Bouzas seguirá pelexando por avanzar cara sendas finais, e sumar o máximo número posible de puntos para o equivalente en categorías base do ránking WTP. No cadro individual, coa francesa Laura Bourguignon coma adversaria por unha praza nas semifinais, coa gala precisando onte tamén de tres sets para pasar o seu duelo coa rusa Mironova 6-2, 4-6 e 6-3. No dobres Naroa Larrinaga e Alba Retortillo son as novas rivais de Bouzas e de Arrese, xa no cruce de semifinais.