Os dous únicos xogadores con pleno na Liga, fronte a fronte en San Tomé

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Establecimientos Otero e Vilagarcía Cocinas Bulthaup reciben esta fin de semana o líder da División de Honra, o Irún Leka Enea

21 ene 2017 . Actualizado a las 05:05 h.

Establecimientos Otero e Vilagarcía Cocinas Bulthaup voltan coincidir unha fin de semana máis no nome do su adversario da xornada na División de Honra do tenis de mesa estatal. Nesta ocasión, nada menos co Irún Leka Enea, o líder invicto, que chega a terras do Salnés co reto de pechar a primeira volta cun pleno de triunfos logo de gañar os seus nove encontros precedentes.

A primeira parada do Irún Leka Enea será esta tarde, a partir das seis na cancha do E. Otero en Santo Tomé. Un partido no que o cadro cambadés ten a oportunidade de arrebatarlle o primeiro posto ao conxunto visitante, e que conta co atractivo engadido de ver fronte a fronte os dous únicos xogadores do Grupo 1 da División de Honra que chegan á beira do ecuador da competición tendo gañado todos e cada un dos puntos que levan disputados ata hoxe. O granadino Guillermo Sánchez, no bando arousán, e Jaime Vidal no vasco. O problema para o E. Otero é a posibilidade de que Fernando Padín volte ser baixa pola tendinite que arrastra nun ombro.

Tamén o Vilagarcía C.B. se medirá con problemas ao Irún, mañá ás 11 horas, ao non poder contar co seu xogador franquicia, Ramón Mampel.