O Vilagarcía faise co segundo posto a costa do San Sebastián

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

A súa vitoria beneficia de paso a un E. Otero que se mantén vivo na pelexa pola promoción tras gañarlle tamén ao cadro madrileño

14 feb 2017 . Actualizado a las 05:05 h.

Tras a súa nefesta e inesperada dobre derrota na visita ás canchas madrileñas de dous dos tres conxuntos máis frouxos do Grupo 1 da División de Honra do tenis de mesa español, o Establecimientos Otero precisaba gañar o domingo como fora o seu partido co ata a pasada fin de semana segundo clasificado. Un San Sebastián de los Reyes cos mesmos puntos có cadro cambadés, pero con dous partidos menos disputados que segue pendente de xogar. O axustadísimo triunfo por 4-3 dos homes de Ñajo Padín mantéñenos vivos na pelexa por unha das tres prazas na vindeira promoción de ascenso con 18 puntos, polos 16 do seu rival capitalino.

E iso, grazas á axuda indirecta do veciño Vilagarcía Cocinas Bulthaup. O verdadeiro gran vencedor da xornada ao desbancar o San Sebastián do segundo posto, cos mesmos 18 puntos có E. Otero e catro partidos menos xogados cá este. E iso, logo de superar o sábado 4-2 o San Sebastián. Coas dúas vitorias individuais de Sergei Nigeruk (3-0 a David de la Morena e 3-1 a Rafael Casares) e de Andrés Correa (3-0 a Juan Bautista e 3-0 a De la Morena).