Perdeu 31-10 nas semifinais a partido único
28 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.Cun 31-10 en Ourense pechou na tarde do domingo Os Ingleses a súa participación na Liga de Primeira Autonómica 2016/17. Eliminado polo Keltia nas semifinais polo título a partido único que daban como premio engadido unha praza na fase de ascenso á División de Honra B.
Nunha primeira parte igualada, os homes de Ju pasaron dun 9-0 a un 9-10, e de aí ao 16-10 do descanso. Na reanudación o cadro vilagarcián pechou o seu anfitrión no seu campo durante 25 minutos, pero sen dar superado a férrea defensa local. Ata que no derradeiro cuarto de hora o Keltia matou o partido.