Unha biblioteca de conto para o día do libro

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

A mascota do centro recibirá aos máis pequenos

22 abr 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Mañá, luns • Biblioteca municipal de Vilagarcía • A biblioteca emprende mañá a súa campaña anual de fomento da lectura entre escolares de 5 e 6 anos cunha sorpresa nas propias instalacións de Rey Daviña. Os pequenos serán recibidos polo caracol Sol-Sol, a mascota do centro, para contarlles contos e potenciar a súa imaxinación con cancións, globos ou debuxos. Chega a Vilagarcía «A hora do conto».