Xoga esta tarde na cancha do Maristas Coruña o primeiro dos tres partidos da fase previa, programados en cuestión de sete días
05 sep 2021 . Actualizado a las 05:00 h.O Mariscos Antón Cortegada disputa esta tarde o seu primeiro partido oficial da tempada. A partir das 19 horas, na cancha do Maristas Coruña, o cadro vilagarcián dirime o primeiro dos tres encontros que no prazo de sete días decidirán o nome do cadro de LF2 que superará a fase previa do torneo. No caso das de Javi Nogueira, logo de medirse tamén ao Arxil o mércores en Pontevedra (19.45 horas) e de pechar o calendario copeiro o vindeiro sábado, fronte ao Rosalía, no primeiro encontro do curso en Fontecarmoa (20 horas).
A falta inda dun mes para a estrea na Liga, o adestrador do Mariscos Antón, Javi Nogueira, non agochaba onte o seu malestar pola decisión da Federación Galega de Baloncesto de programar tan pronto a fase previa da Copa. E é que se ben as xogadoras nacionais do Cortegada levan xa un mes traballando, a eslovaca Tereza Sedlakova e a estadounidense Lauren Loven inda se incorporaron este xoves e venres, respectivamente; mentres que a terceira foránea do cadro, a keniata Mercy Wanyaba, non o fará ata finais de mes por atoparse xogando o Afrobásket.
Ademais, a Nuria Chorén e a Lorena puxéronlles onte a segunda dose da vacina contra o covid-19, e a Cris e a Zeltia tocarálles a vindeira semana.