![](https://img.lavdg.com/sc/zmoIBhhBJeoo7TM5Ne7cb_rh7gk=/480x/2023/02/04/00121675532884425378511/Foto/A04F3053.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/ouErh-jgAoUKSgJhjKIl7s0o818=/480x/2023/02/04/00121675533004812587251/Foto/A04F3054.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/PrF7y_7seEK88EJ4WOCPjJbAhwM=/480x/2023/02/04/00121675533006535306156/Foto/A04F3055.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/sxejfdR6Ysnzf6xQxRioU9gJyiI=/480x/2023/02/04/00121675533006976115491/Foto/A04F3056.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/LShb1EpXs-T--ZwH-X6ZB_0l9uk=/480x/2023/02/04/00121675533007807163850/Foto/A04F3057.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/3S3E1wDAxbZDy_3uf9eRBRSSay4=/480x/2023/02/04/00121675533007824744186/Foto/A04F3058.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/WTYxwRBzKIh94kg1QAMuXQStKfk=/480x/2023/02/04/00121675533008662344581/Foto/A04F3059.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/Ym72q7rIUzSrPPjcQexaYNZcQgY=/480x/2023/02/04/00121675533009072949136/Foto/A04F3060.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/UR5WbvKAcPJBxAAW3SBSJzgFQwQ=/480x/2023/02/04/00121675533009544645993/Foto/A04F3061.jpg)
Os de David Lema pecaron de indisciplina na segunda parte
05 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Os Ingleses deberá aplicarse o vindeiro sábado no campo do CRAT coruñés para manterse na pelexa por unha das dúas prazas na final polo título da Primeira División do rugbi galego. Onte, fronte ao líder e claro favorito á coroa autonómica, o Universidade de Vigo, o cadro vilagarcián iniciou a fase de clasificación para a final galega encaixando no seu feudo de Fontecarmoa un 7-29, froito da súa mala segunda parte.
O 0-8 ao descanso para o conxunto olívico reflectiu a grande igualdade durante os primeiros 40 minutos de partido. Pero á volta do paso intermedio por vestiarios, os homes de David Lema descompuxéronse. Sabedores de que o camiño cara a vitoria pasaba por arrebatarlle o oval ao Vigo, pecaron de falta de disciplina táctica, entrando nas provocacións dos xogadores rivais e recibindo varios golpes de castigo e cartóns por iso. Fóra mentalmente do partido, Os Ingleses foron cedendo máis terreo no marcador, ata o 7-29 final, que deixou sen bonus os dous equipos.