As Cantareiras Bulideiras celebran o 5 de agosto o seu décimo aniversario en Vilagarcía

hugo portela / b. c. VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Hugo Portela

A celebración comezará o venres 4 de aosto no auditorio municipal cunha charla sobre o traxe tradicional

29 jul 2023 . Actualizado a las 14:17 h.

Cantareiras Bulideiras está de aniversario e para celebralo ofrecerán un concerto o sábado 5 de agosto ás 21 horas no Parque da Xunqueira de Vilagarcía. Cati Sánchez, a presidenta da agrupación, Loli Camiña, a directora artística da asociación, e Sonia Outón, concelleira de Cultura, presentaron este venres os actos organizados con motivo da efeméride.

O venres 4 de agosto ás 20 horas no auditorio municipal haberá unha charla sobre o traxe tradicional galego, impartido pola actriz Ana Nogareda de Na Ristra. O sábado continuará a foliada coa actuación das Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa no parque da Xunqueira. Estas estarán acompañadas por outros grupos como Trompos ós Pés de Marín, Os Abrentes de Cercedo de Cotobade, o Grupo de Danzas Amor Ruibal de Barro e A Roda Pequena de Meis.

O grupo arousán, que agradeceu a colaboración do Concello, caracterízase por estar composto só por mulleres e por dedicarlle a elas as súas actuacións. Adoitan seguir a temática da muller traballadora e este ano queren dedicarllo ás que levaban o sustento a casa, como son as leiteiras, costureiras ou vendimadoras.