Ravella lémbralle ao PP que se hai unha nova bilbioteca é polo empeño socialista
VILAGARCÍA DE AROUSA
«O Concello está traballando co persoal do centro e doutros servizos municipais na organización de plan de trasladado dos fondos para podelo executar canto antes e causando o menor prexuízo aos usuarios das instalacións, especialmente aos estudantes que están preparando os exames», di o PSOE
12 ene 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O goberno local fixo onte un comunicado de prensa para respostas ás acusacións do PP sobrea nova biblioteca de Vilagarcía. «Os continuos cambios de postura aos que nos ten acostumados o PP de Vilagarcía seguen demostrando que o principal grupo da oposición perdeu o rumbo hai xa moito tempo, como volvemos ver co caso da biblioteca. No seu afán por tratar a toda costa de atacar a este goberno, preferiron bombardear constantemente o proxecto, criticando cada paso que íamos dando na súa procura e opoñéndose ao investimento. E agora que está executado, vendo as flamantes e modernas instalacións das que, máis pronto que tarde, poderán facer uso todos os veciños e veciñas de Vilagarcía, queren subirse ao carro autoproclamándose os seu máximos defensores. Lembrámoslle á señora Granja que si hoxe estamos a piques de estrear unha biblioteca modelo, ampla e propia do século XXI, non é grazas á colaboración do PP senón ao empeño que puxo neste proxecto o goberno socialista e ao apoio económico recibido da Deputación presidida por Carmela Silva», din os socialistas.
«Non é a primeira vez que o po PP local trata de ocultar que non recoñece nin loita polos intereses de Vilagarcía e que, cando se dá conta do erro cometido, di todo o contrario do que estaba a dicir, e defende con uñas e dentes o que un minuto antes atacaba sen mesura. Xa o vimos no caso das xestións para a construción do novo centro de saúde no solar da Comandancia, e máis recentemente cos camiños escolares seguros», apuntan dende o PSOE, que acusa o PP de usar «vergoñentas argucias» no asunto dos pélets de plástico.
O goberno local tamén se refiriu na súa nota os prazos dde apertura da nova instalación. «En canto á nova biblioteca, repetir o que xa se dixo cando se visitaron as novas instalacións: o Concello está traballando co persoal do centro e doutros servizos municipais na organización de plan de trasladado dos fondos para podelo executar canto antes e causando o menor prexuízo aos usuarios das instalacións, especialmente aos estudantes que están preparando os exames», apuntan os socialistas vilagarciáns.