Os cursos de inglés para negocios en zonas comerciais empezará o luns

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Encárgase da organización a Concellería de Promoción Económica de Vilagarcía

07 jun 2024 . Actualizado a las 12:45 h.

A Concellería de Promoción Económica do Concello de Vilagarcía porá en marcha o vindeiro luns, día 10, o curso básico de inglés para titulares e persoal de negocios en zonas comerciais da capital arousá. As persoas interesadas que inda non se teñan anotado poderán facelo chamando aos números de teléfono 986 099 200 (extensión 218) ou 609 860 775 para poderse ir incorporando ás seguintes sesións.

As clases serán impartidas na Autoescola Sálvora, de 9 a 10.30. O obxectivo perseguido polo Concello de Vilagarcía é proporcionarlles aos asistentes coñecementos básicos para prestarlle atención á clientela estranxeira e, deste xeito, mellorar a competitividade dos seus negocios.

As sesións formativas serán eminentemente prácticas e enfocadas ás expresións máis comúns en función do negocio. Ademais, as clases adaptaránse aos horarios laborais dos participantes, a fin de facilitar a súa asistencia.

O curso está cofinanciado polo Ministerio de Economía, Comercio e Empresa a través dos fondos europeos Next Generation na súa liña de axudas a mercados sostibles.