O Cortegada asina en Mataró a súa duodécima vitoria

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Imaxe de Marta Sanmartín no partido da semana anterior, ante o Ponce Valladolid
Imaxe de Marta Sanmartín no partido da semana anterior, ante o Ponce Valladolid MONICA IRAGO

Unha solvente actuación coral e unha gran defensa coroan as de Álvaro Fernández

15 feb 2025 . Actualizado a las 20:29 h.

Precisaba o Mariscos Antón Cortegada unha vitoria que fixera esquecer canto antes o duro pau recibido a semana anterior do modesto Ponce Valladolid, que cun parcial de 0-6 a sete segundos do final e un triplo sobre a bucina lle roubaba a carteira en Vilagarcía. E o conxunto arousán desquitouse na tarde deste sábado, impoñéndose 53-62 ao Talenom Boet en Mataró nun duro choque que as xogadoras do Cortegada tiveron que encarar, un desprazamento máis, voando no mesmo día de partido a primeira hora da mañá.

A igualdade foi máxima na primeira parte, con empate a 17 no cuarto inicial e 30-33 ao descanso para un Cortegada negado no tiro de tres, do que o seu rival sacara a metade dos seus puntos. Pero dous triplos encadeados por Jackowska e por Sanmartín lanzaron as vilagarciás no terceiro cuarto (32-41), non deixando que o Talenom se lles achegase despois a menos de 4 puntos.

FICHA DEL PARTIDO:

TALENOM BOET MATARÓ (53): Barceló (12), Gamarra (4), Jiménez (9), Magriña (7) e Coll (6) —quinteto titular—, García (9), Soler (4), Merigo e Querol (2). 

MARISCOS ANTÓN CORTEGADA (62): Carolina Bernardeco, Marta Sanmartín (11), Cris Loureiro (10), Jackowska (9) e Aminata Traore (9) —quinteto titular—; Blanca Manivesa (8), Iria Losada (13), Cabello e Gara Jorge (3). 

PARCIAIS (E MARCADOR) CADA CUARTO: 17-17, 13-16 (30-33 ao descanso); 9-12 (39-45) e 14-17 (53-62).

ÁRBITROS E PERSOAIS: Martí Seguí e Mario González. Sinaláronlles 14 faltas ao Talenom Boet Mataró por 18 ao Mariscos Antón Cortegada. Sen eliminadas.