
Houbo actos no Grove, Vilagarcía, Cambados e Catoira
24 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Arousa participou activamente este domingo na conmemoración do Día de Rosalía. O CMDC Breogán do Grove organizou unha lectura de poemas na que participaron doce persoas, entre as que se atopaban persoas do colectivo DiVersos ConVersos, capitaneados por Queco Fresco, o profesor da USC e galardoado co Centolo de Ouro, Joaquín Triñanes, e padexeira Marta Mourelos e Eva e Leire, nai e filla. Na praza do Corgo leronse poemas de Cantares Gallegos e Follas Novas.
En Vilagarcía rematou a xira polas parroquias do espectáculo Sempre Rosalía, en Cambados anunciouse a actuación da Banda de Música Sons e Soños e en Catoira soou a música con dúas propostas culturais.