
Máis de 150 bikers participaron na iniciativa no monte Xiabre do novo club vilagarcián
01 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Club Ciclista Fuego al 1 de Vilagarcía conseguiu na súa posta de longo congregar o pasado domingo a máis de 150 bikers na primeira edición da Xornada de Convivencia de MTB no monte Xiabre. Durante catro horas, os participantes gozaron da paraxe e puideron probar bicicletas eléctricas Merida por parte de Arousa Bikes antes de compartir unha comida.