Reler os espazos públicos de Vilagarcía en clave de igualdade
VILAGARCÍA / LA VOZ
VILAGARCÍA DE AROUSA

Un roteiro feminista puxo de relevo o labor de colectivos, exemplos de mulleres e figuras históricas vinculadas á cidade
07 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Catorce persoas están a obter en Vilagarcía o certificado de profesionalidade en promoción para a igualdade efectiva entre mulleres e homes que promoven a Xunta e o SEPE. O programa incorporou onte unha acción de coñecemento sobre o terreo. Un roteiro feminista por distintos lugares do municipio no que se salientou o labor de colectivos coma Amarcarril, O Soño de Lilith ou as louceiras de Bamio, o vencello de Rosalía coa vila, o vencello de Rosalía coa vila ou o exemplo de Luisa Vila Janer, Teresa Cuíñas e Sofía Beiras. Que todas as participantes, agás unha, fosen mulleres dá que pensar.