Álex César, rei galego de xavelina sub-18 batendo o récord do país

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Álex César, en la imagen con la medalla el pasado fin de semana junto a sus compañeros de la Agrupación Atlética Mazí
Álex César, en la imagen con la medalla el pasado fin de semana junto a sus compañeros de la Agrupación Atlética Mazí Cedida

O deportista da Agrupación Atlética Mazí de Vilagarcía de Arousa estableceu a décima mellor marca española de todos os tempos na categoría

05 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O deportista da Agrupación Atlética Mazí de Vilagarcía de Arousa Álex César colgouse a pasada fin de semana o ouro que o acredita campión galego sub-18 de xavelina. Un título que conseguiu batendo o récord autonómico en mans de Borja Barbeito desde o 2008 lanzando o aparello ata os 66,49 metros.

Álex César, que tamén se fixo co bronce no lanzamento de peso, coloca o seu rexistro en xavelina como o décimo mellor de todos os tempos dun especialista español sub-18.

O illense Xoel Otero, compañeiro de club de César, competiu en paralelo nas filas do Recreativo Eirense no Campionato Nacional de Portugal de Probas Combinadas na procura dos 6.550 puntos, a mínima para poder participar no Campionato de España Sub-23. Rematou con 6.323, mínima B que lle abrirá a porta á cita nacional se chega aló entre os catorce mellores do ránking español.