Platis estrea unha exposición de caricaturas de personaxes recoñecidos

G. B. BANDÍN / S. G. VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

A mostra estará vixente ata o 13 de setembro

23 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Pedro Sánchez, Alberto Varela ou Abel Caballero; David Broncano, Luis Zahera e Manuel Millán; Sara Gómez e Iago Aspas ou o Papa Francisco e León XIV reúnense baixo un mesmo teito. En forma de caricaturas e da man de Juan Carlos Platis, os espectadores que se acheguen á exposición porán percorrer unha viaxe polas personalidades da política, o deporte e a cultura de España ao nivel local, galego e nacional.

Platis remarca que esta serie recolle 35 obras que son un reflexo dos personaxes máis recoñecidos neste último tempo. «Son caricaturas simpáticas de xente moi próxima». Aínda que xa ten traballado coa técnica, o autor defínea como unha novidade. «Xa fixen catro mostras de caricaturas e dende 1995 teño publicados algúns debuxos en medios periodísticos, pero esta serie é diferente» remarca Platis.

A exposición do artista estará vixente ata o 13 de setembro. De luns a venres de 10 a 22 horas e o domingo de 14 a 22 horas na segunda planta do Centro Comercial Arousa, en Vilagarcía.