A Escola Oficial de Idiomas inicia o curso con xornadas abertas

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

Ofrecerán tamén unha charla aos pais e mesmo unha clase gratuita aos interesados

06 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía celebrará, co motivo do comezo do curso escolar e das súas clases, xornadas de portas abertas o luns 8 pola tarde e o martes 9 pola mañá, durante as que desenvolverán diversas actividades para dar a coñecer as linguas que se impartirán este curso.

O día 8 ás sete da tarde terá lugar, asemade, unha reunión informativa coas familias de menores interesados en matricularse neste ano académico.

Dende a dirección lembran tamén que durante a semana do 15 ao 19, a última para realizar a matrícula, os interesados poderán asistir a unha clase de maneira gratuíta.