Oito vivendas do lugar de Valiña poderán conectar á rede de saneamento

Sara Abalo Pérez; S. G. VILAGARCÍA /LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

O goberno de Varela estende a rede de saneamiento á zona de Valiña
O goberno de Varela estende a rede de saneamiento á zona de Valiña Martina Miser

Outra das actuacións do Concello de Vilagarcía se estñá a realizar na rúa Faxilde

27 ago 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Vilagarcía continúa estendendo os servizos básicos aos lugares máis afastados e de recente urbanización do municipio, especialmente nas zonas do rural. A próxima actuación que se levará a cabo é a ampliación da rede de saneamento ata o lugar de Valiña, en Solobeira, co obxectivo de que poidan conectarse as oitos vivendas alí emprazadas, que ata o momento carecían desta prestación básica.

As obras foron contratadas á empresa Montajes J. M. Iglesias por importe de 6.600 euros. O traballos teñen como data de finalización dúas semanas e consistirán principalmente no subministro e colocación das canalizacións e da tubaxe de impulsión. O proxecto complementa ao realizado recentemente para levar ás mesmas oito vivendas a rede de abastecemento de auga potable.

Dentro das diversas obras proxectadas polo Concello de Vilagarcía cómpre destacar o avanzado estado no que se encontra a actuación na rúa Faxilde, na que está renovando a rede cun orzamento de 59.000 euros.