Rueda pon Vilanova como «exemplo de todo o que poden facer os gobernos estables do PP»
VILANOVA DE AROUSA
A cea de Nadal reuniu onte na vila arousá a un milleiro de persoas da familia popular do Salnés
15 dic 2024 . Actualizado a las 10:16 h.O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, situou ao alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e ao seu equipo como «exemplo de todo o que poden facer polos seus veciños os gobernos estables do Partido Popular». Díxoo durante a multitudinaria cea de Nadal dos populares do Salnés celebrada onte en Vilanova na que participaron un milleiro de persoas, segundo informa o partido.
Rueda destacou a mellora, o desenvolvemento e o progreso que leva experimentando Vilanova ao longo dos anos, o cal explica nos resultados electorais acadados por Durán, que segue mantendo unha ampla maioría logo de tres décadas no poder. Nos Orzamentos de 2025 Vilanova seguirá contando co apoio da Xunta para a mellora das estradas, a construción de sendas, o impulso do turismo, a aposta polos parques empresariais e a mellora dos centros educativos, subliñou o presidente. «U apoio transversal que é posible precisamente polo bo facer do Concello e por unha estabilidade que oxalá se dese en todos os concellos galegos e especialmente nun Goberno central cun presidente cuxo único plan é o de manterse no poder a costa de acumular nun caixón todos os proxectos vinculados a Galicia», apuntou Alfonso Rueda.
O presidente provincial do Partido Popular de Pontevedra, Luis López, tamén referiuse a Vilanova como «exemplo de unión do partido». E o alcalde e presidente local do PP, Gonzalo Durán, non deixou de agradecerlle a súas palabras. «Esta cea non é só para reunir aos nosos veciños, senón unha forma de agradecerlle aos dous presidentes e aos seus gobernos todos os investimentos e a súa implicación no futuro deste concello».