
Unha axuda da Deputación permitiu comprar mobiliario e dotar o inmoble de aire acondicionado
23 abr 2025 . Actualizado a las 15:14 h.A asociación de mulleres rurais As Aceñas (Vilanova) recibiu unha axuda de 10.000 euros para a adquisición de material co que celebrar actividades na casa de cultura de Baión, desde mobiliario a aire acondicionado. A achega inscríbese no Plan Provincia Comunitaria da Deputación de Pontevedra! que beneficia a 170 entidades.