O carnaval tomou vida nas aulas

A. Fernández RIBEIRA

BARBANZA

A intensa choiva impediu ós cativos barbanzanos desfilar polas rúas ataviados cos disfraces máis variopintos Moitas das festas nos colexios estiveron acompañadas de doces

28 feb 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

? mal tempo trastocou os plans de moitos dos centros educativos da comarca, que tiñan previsto facer desfiles polas rúas e tiveron que contentarse con celebrar as festas nas escolas. Pero isto non foi impedimento para que os rapaces o pasasen de marabilla, caracterizados de mil xeitos. En Boiro, o tradicional paseo pola vila de tódolos colexios quedouse en festas particulares en cada un deles, coma no Praia Xardín e no Santa Baia, pero neste último só para os alumnos de infantil, xa que os maiores -os de primaria- tiveron o privilexio de ir á discoteca Tonos para pasalo en grande. Nesta escola, os estudiantes foron disfrazados por niveis, de xeito que se deron cita piratas, policías e ladróns, millonarios e outros personaxes.O día tamén foi moi especial na gardería Praia Xardín, xa que os cativos cambiaron a roupa habitual por distintos disfraces, entre eles de feroces piratas dos mares. Ademais, degustaron filloas e outras lambetadas típicas destas datas.No Pilar Mestú Sierra, de A Pobra, tamén suspenderon o desfile polos lugares próximos, e a festa transcorreu no polideportivo. Nela non faltaron tampouco as filloas e as orellas. Igualmente, no Grupo de Ribeira e no colexio de Aguiño, a troula estivo no interior dos recintos, pero tampouco faltaron as máscaras e o excelente bo humor dos alumnos.No Colexio Cernadas de Castro de Lousame, a festa transcorreu no ximnasio, onde desfilaron e cantaron dende profesores disfrazados de nenos ata alumnos que parodiaron a polémica serie de debuxos animados Shin Chan.En Noia, tamén os mestres de Felipe de Castro se animaron a vestirse para a ocasión, algúns cun toque oriental. Entre os meniños chamaron a atención os máis pequerrechos, que deron cor a tódolos signos de ortografía. No centro da Barquiña, uns escolares cunha indumentaria negra recrearon o chapapote, que acabou sendo derrotado polo arco da vella.O entroido tamén arrincou nos colexios da comarca de Muros, iso sí, no interior.