Carod Rovira

J. R. CABEZA

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

30 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

NIN ESCOITANDO os argumentos desas sesudas tertulias televisivas e radiofónicas, nin lendo nos xornais os artigos dos máis prestixiosos analistas, chegaba eu a entender esa -non sei que calificativo poñerlle- decisión do señor Carod Rovira de chegar a acordos para desbotar o terror de Cataluña, tendo en conta que é un home de cultura que, incluso, fala galego e que, de seguro, coñece que O Pindo é o noso Olimpo celta e a Curotiña a mellor atalaia para otear a ría de Arousa. Así que botei man do método cartesiano e, entón, ¡eureka!, topei coa resposta. Algo ben sinxelo. O señor Carod Rovira, home con responsabilidades de goberno, preocupado polo baixo índice de natalidade catalán, cos conseguintes inconvintes do seu despoboamento, pensou que si as parellas estaban máis tranquilas botaríanse ó monte do morbo sexual e reproduciríanse a tope, co que, tamén, arranxaría o non menos importante problema da inmigración, co que iso supón de desnaturalización da raza propia e, ademais, xa sobrarían os españois, que tanto irritamos alí. ¿Que queren que lles diga?. Tendo en conta o que pasou, esta é unha conclusión tan válida como calquera outra, ¿ou non?