O consello de contos

JOSÉ RODRÍGUEZ CABEZA

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

24 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

O MÁIS fermoso da lectura dunha lei é o seu limiar. Logo, cando xa se entra na parte expositiva, iso xa é fariña doutro costal, e non digamos o seu emprego. Un exemplo. Segundo a lei orgánica 2/1982, do Tribunal de Contas, é función súa a fiscalización externa, permanente e conxuntiva da actividade económico-financeira do sector público, función que, estatutariamente, corresponde en Galicia ao Consello de Contas. Con dezanove anos, xa a moza é maior de idade. ¡Quen o diría! Isto supón que, sobor do que atinxe á vixianza de cómo se manexan e administran os cartos dos veciños, hai un organismo que, teóricamente, de xeito independente, a cotío e con todos os medios que precise, ten a obriga de coñecer os movementos de cada céntimo que entra, sae e a súa aplicación, en cada concello. ¿Como se entende, entón, que sexan novas nos xornais o esperpento do cabo da Policía Local de A Pobra, Luis Gigirey, ou a deses máis de cincoenta traballadores con irregularidades no Concello de Boiro? Que ninguén pense que istos son casos illados. Xa o dixera Alfonso Guerra. En democracia, o mellor é matar a Montesquieu, pero con disimulo. ¿Ou alguén pode pensar que, si houbese vontade política de que o Consello de Contas non funcionase como un consello de contos, pasarían estas cousas?