Cousas da xente Membros de Intermón Oxfam falaron na cidade barbancesa de proxectos educativos que levan a cabo no país africano
24 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.A organización Intermón Oxfam, á que representa na zona Marta Sopeña , organizou un coloquio que tivo lugar no Liceo Marítimo de Ribeira. O presidente da Asociación Angoleña de Educación de Adultos, Víctor Barbosa; e Eduard Cantos , membro de Intermón, falaron dun proxecto educativo que están a desenvolver no país africano. Inspiración literaria Na casa da cultura da Pobra ven de inaugurarse unha exposición titulada Alba de gloria , que reúne obras de diferentes artistas. Masito Beiró , Ayaso , Francisco Blanco , Comoxo , Pedro Cebreiro , Alfonso Costa , Xoán Fernández , Paola García , Siro López , Matalobos , Román Padín , Antonio Pérez , Mónica Rivas , Juan e Lino Silva , entre outros autores, inspiráronse nos textos de Valle-Inclán para facer as súas creacións. A Mostra de Teatro de Ribeira segue a ter unha boa acollida de público. A última función correu a cargo da compañía Teatro do Noroeste. Baixo a dirección de Luma Gómez , os actores Eduardo Alonso e Alejandro Carro deron vida a un texto no que as vidas de dous personaxes de mundos opostos se cruzan e chocan de xeito irremediable. O concelleiro de Cultura, Luciano Fernández , agarda que a mostra siga tendo éxito. Tardes entretidas A concelleira de Cultura de Lousame, Teresa Villaverde, organizou un programa de actividades dirixido aos rapaces de entre 6 e 12 anos de idade. A iniciativa chámase Tardes activas . Nestes intres, o que se está a levar a cabo é un obradoiro de decoración de espellos, xogos de animación, sesións de contos e a montaxe dunha obra de monicreques cos participantes no proxecto. Todos os nenos de Camboño desa franxa de idade asisten ás actividades, que coordina a monitora Ana María Freire .