«Aspiro a poder expresarme a través da canción»

La Voz

BARBANZA

08 abr 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Como calquera apaixonado da música, o obxectivo principal de Roosevelt Rodrigues é vivir de facer o que máis lle gusta, cantar. Asegura que gañas e experiencia non lle faltan.

-¿Que cre entón que lle fai falla para lograr que o seu soño se converta en realidade?

-Teño unha gran experiencia no mundo da música, porque participei en moitos grupos e orquestras. Ademais compoño e teño un bo número de cancións propias. Para chegar a onde eu quero so me fai falla un empuxón, o apoio dunha persoa ou dunha produtora discográfica que confíen en min.

-¿A onde aspira a chegar coa música?

-Quero chegar a ser coñecido en Europa enteira. Non pretendo ser un Ricky Martin ou un Alejandro San, pero aspiro a poder expresarme a través da canción, a ter unha vida estable e a formar unha familia.

-¿Por que non un Ricky Martin ou un Alejandro Sanz?

-Por nada en particular, sinxelamente porque creo que sería moi ambicioso pensar que algún día podería ter o éxito que eles teñen.

-¿Cal é o estilo musical no que se sinte máis cómodo?

-Gústame a música que mestura pop, rock e metal. Tamén teño un amplo repertorio de baladas e canción románticas, pero prefiro os temas que son máis explosivos.