«O que me interesa é que o cliente quede satisfeito para que regrese»

Rosa Gallardo MUROS/CORRESPONSAL.

BARBANZA

Como tantos outros barbanceses, José Anselmo Molinos vive do mar. Dedícase á reparación e venda de motores que, nun 80% dos casos, son de embarcacións. O 20% restante correspóndense con maquinaria dedicada á xardinería ou ao eido forestal.

-¿Que lle ofrece aos seus clientes?

-O centro de traballo está na Serra de Outes, pero desde aquí desprazámonos a todo Galicia, fundamentalmente ás vilas costeiras de Barbanza, pero tamén á zona que vai desde Vilagarcía ata Miño.

-¿Cal é a parte do seu traballo coa que máis goza?

-Coa montaxe de embarcacións novas. Encargámonos tanto da mecánica como da instalación electrónica.

-¿Canto tempo soe dedicarlle ao seu traballo?

-Son autónomo, así que imaxínese. Hai épocas, pero en ocasións véxome obrigado a traballar os domingos para atender a demanda. -¿Traballan con algunha marca concreta? -Traballamos todas as marcas de forabordas, pero sobre todo con Suzuki e Yamaha.

-¿Cal é a filosofía de trallo desta empresa?

-Por riba de cobrar a factura despois de realizar o traballo, o que me interesa é que o cliente quede satisfeito para que regrese.