A fusión de Concellos

José Rodríguez Cabeza

BARBANZA

26 jul 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Para aforrar cartos nas administracións públicas hai plantexado un debate de si convén fusionar concellos, crear man comunidades e manter ou non as deputacións. Ben, todo debate é plausible se o que se pretende é beneficiar á cidadanía pero aínda que, como dicía o xesuíta San Ignacio de Loyola, en tempos de tribulación non facer mudanzas, nada impide debater ideas. Como sexa que o municipalismo é un tema que me apaixona vou darlle unhas pinceladas.

Para comezar non cadra propoñer a unificación ou a mancomunación de servizos entre concellos e manter as deputacións no vixente estado das autonomías. Reitero, unha das dúas institucións sobra como se puxo de manifesto coa Mancomunitat de Catalunya nas primeiras décadas do século XX. No que se refire a mancomunar servizos todo apunta a que non é unha solución axeitada tendo en conta que Serra do Barbanza tivo que ser rescatada e Arousa Norte non pasa de ser unha fantasía de dubidosa eficacia, como glosaremos noutro momento. Así que nos queda o conto da fusión.

Certo é que, a priori, algúns cartos se poderían aforrar, como os soldos de menos alcaldes e de moitos innecesarios concelleiros, pero as fusións terían máis problemas que ventaxas. Poñerlle cancelas ao despilfarro público non está niso, senón en artellar e aplicar as leis rigorosamente. O municipalismo de hoxe en día non pode estar lastrado no que se coñece como o Fuero de Brañosera do medievo, pero tampouco en renunciar a moitas das súas esencias como as da participación directa da veciñanza que as novas tecnoloxías xa posibilitan para que calquera poida coñecer, como se do mesmo alcalde se tratara, cando, canto, en qué e como se gastan os nosos cartos.

Tamén urxe adelgazar todas as administracións, reformar e modernizar a función pública con criterios de eficacia, introducir a competencia na prestación de servizos públicos a través do sector privado e moitas outras outras medidas que reviren un calcetín anacrónico, custoso e de pouca utilidade