Os actos na memoria do intelectual pecháronse cunha ofrenda floral no paseo da Ribeira
03 feb 2013 . Actualizado a las 15:53 h.Rianxo puxo fin hoxe a varias semanas de programación cultural para conmemorar o nacemento de Castelao coa tradicional ofrenda floral diante do busto do escritor que preside o paseo da Ribeira.
O alcalde rianxeiro e o presidente en funcións da Fundación Castelao foron os encargados de depositar unha coroa de loureiro ante a figura do intelectual nun acto que serviu para lembrar a Avelino Pousa Antelo, presidente e gran impulsor da entidade que leva o nome do pai do galeguismo.