A manifestación a prol do Grumir de Noia será o día 7

Marta Gómez Regenjo
M. Gómez NOIA

BARBANZA

28 feb 2013 . Actualizado a las 23:14 h.

O novo acto de protesta que se está a organizar en defensa da continuidade do Grumir de Noia xa ten data. Segundo explicaron membros da organización, será o vindeiro día 7 ás oito e media da tarde.

A diferenza da iniciativa anterior, que, a primeiros do mes de febreiro reuniu na vila noiesa a máis de 1.500 persoas, desta volta o acto non se limitará a unha concentración ás portas do Concello senón que consistirá nunha manifestación que percorrerá distintas rúas de Noia. O trazado definitivo non está definido polo momento, pero a intención é que a protesta se estenda pola localidade. Tamén se prevé a participación dos integrantes do equipo de emerxencias con algúns dos vehículos que utilizan para desenvolver o seu traballo.

Por outra banda, enviouse un escrito ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, solicitando que reciba tanto aos responsables municipais coma aos do Grumir para tratar o asunto. Mentres continúa a recollida de firmas.