Trinta anos desde que a revista «O Imo» revolucionou a cultura

xosé maría fernández pazos

BARBANZA

cedida

A publicación da asociación Vionta conseguiu tirar 5.000 exemplares e contou coa colaboración de moitos expertos

30 oct 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Hai xusto seis lustros, nada menos que trinta anos, saía do prelo do obradoiro a revista da asociación cultural Vionta que levou por nome O Imo. Aquela publicación fixérona unha serie de tolos que pensaban que podían aportar e promocionar o mundo da cultura ribeirense. O Imo, para o que non o saiba, son os paus que sosteñen unha embarcación que está en seco.

A revista conseguiría tirar 5.000 exemplares e contaría coa colaboración de xente vinculada ao mundo da cultura local, desde catedráticos, a pintores, historiadores, entre outros interesados en formar parte da súa historia.

Por aquel entón, Vionta estaba presidida por Santiago Páramo e era unha asociación cultural. A revista O Imo estaba dirixida polo que firma estas liñas.

Imaxes históricas

Con motivo da efeméride, cómpre recordar hoxe un par de imaxes históricas do día da presentación da revista no Círculo Mercantil e Industrial, fora en setembro do ano 1984. Da revista O Imo sairía unha segunda edición anos despois, pero aquel proxecto morreu o tentar estendelo a outras asociacións da comarca de Barbanza, cada unha delas supeditadas a intereses concretos. Coma sempre, os galegos facendo un reino de Taifas.