«Foi un mandato crispado, pero non podemos permitir abusos de poder»

BARBANZA

María Xosé estréase á fronte de CxG.
María Xosé estréase á fronte de CxG.

A candidata por Compromiso por Galicia exerceu unha férrea oposición á actual alcaldesa

12 may 2015 . Actualizado a las 05:05 h.

A veciñanza de Muros afronta os comicios municipais do día 24 tras catro anos convulsos na corporación. Compromiso por Galicia (CxG) estréase nunhas municipais coa mesma cabeza de lista que no 2011 liderou a candidatura do BNG, María Xosé Afonso (Muros, 1967), que neste mandato exerceu unha férrea oposición que a enfrontou coa aínda alcaldesa e candidata do PSOE, Caridad González.

-Cree que acadará os mesmos resultados que hai catro anos co BNG, cando obtivo tres concelleiros.

-A situación agora é diferente pola mala xestión que fixo o PSOE no Concello e polo cambio de candidato no PP local. Nós, mentres, temos o aval destes últimos catro anos de traballo.

-¿Coincidirá en que o feito de haber vivido un mandato tan crispado non axudará a ninguén o día 24 pola mala imaxe dada?

-Foi un mandato crispado, pero non podemos permitir abusos de poder nin outras actitudes da alcaldesa do PSOE, que quitábanos as quendas de palabra nos plenos ou votábanos ilegalmente das sesións, tal e como certificou a Xustiza en dúas ocasións. Tamén teño que dicir que o PP nestes catros anos estivo desaparecido e non fixo oposición.

-¿Valoraron a opción de pactar?

-CxG deu liberdade nos concellos. No caso de Muros temos claro que a xente saberá antes das eleccións cales serán os nosos plans para que non haxa sorpresas despois. Pero o de pactar non é seguro.

Un libro: Os sete coitelos

Unha película: A Esmorga

Un espazo: A Formilla

Un político: Xoán Bascuas

Unha cidade: Ningunha, son de aldea

Unha comida: O churrasco

Un deporte: Pasear

Un personaxe histórico: Mahatma Gandhi

Unha canción: Vai alborexar

Un desexo: Igualdade de dereitos