O ser humano foi deseñado como un elemento máis do engrenaxe do planeta, para cumprir un propósito concreto dentro da biodiversidade, como un administrador do grupo, para o que se lle implementou unha intelixencia superior ao resto dos seres vivos.
O ser humano desenvolveuse, ao longo da historia, en íntimo contacto coa natureza e os nosos organismos están perfectamente preparados e programados para desenvolverse no medio natural. Pero pronto esa intelixencia utilizouna para ir evolucionando á marxe do resto dos compañeiros de hábitat e crear o seu propio espazo, urbanizado e independizado do resto, e os seres nacidos nese novo escenario illado da natureza sofren o que se coñece como biofobia.
Ese novo paradigma no que medran fai que pensen que o leite vén do súper e non das vacas, e teñen medo a mancharse na natureza, están superprotexidos dela e son incapaces de manter a relación con ela para a que foron deseñados. Acaban por ver a natureza como unha atracción mais que unha necesidade para sobrevivir neste planeta. Subir polas árbores con naturalidade é algo impensable nos urbanitas mozos, cando era unha actividade normal para os seus pais ou avós.
Recentemente puxéronse en marcha obradoiros de pedagoxía verde nos que se trata de rachar esa barreira entre o rural e o cotiá, con resultados sorprendentes: os nenos conviven con pais desestresados e sen a inhumana programación vital na que estamos sumidos, e que crea tantos trastornos ao noso corpo e mente.
Tal vez as cousas comecen a mudar no futuro inmediato e teñamos que cambiar a nosa relación co planeta.