Pastar no verán no Brañal

margarita fernández

BARBANZA

26 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Os vocábulos braña e brañal apelan a un terreo húmido no que pastaba o gando durante as épocas de máis intensa calor. A etimoloxía do topónimo Brañal provén do latín veranea, no que se sincopa vogal radical e se transforma o dígrafo vr- en br- debido á indistinción fonética existente entre ambos: *veranea<*vranea<*brañ-.

A homofonía explica o feito de que dende a Antigüidade se producise unha identificación popular entre o adxectivo veran(e)us, -a, -um: “veraz”, e o substantivo ver, -is: ne. «temporada de sol».

O mencionado período distribuíase, asemade, en dúas etapas: a prima vera, que alude á chegada do clima benevolente, e o tempus veranum, que se refire ao momento de plenitude estacional.

O galego primavera remóntase, segundo podemos comprobar, á lingua orixinaria; o galego verán remite ao sintagma citado, tal e como testemuñan as glosas medievais.

Brañas e Brañal haiche abondo en Galiza; en Palmeira, Brañal haiche só un.