Pero hai máis: hai poesía mesturada coa cor. O tópico: «A poesía é pintura que fala e a pintura é poesía muda» (Simónides de Ceos), chega a nós da man de Carme Sampedro como unha longa alegoría simbiótica que nos invitase á contemplación da imaxe poética.
Porque, pese á traxedia cotiá, somos quen de perseguir e acadar un soño... en cada pincelada!
Cadro da serie «ELA» da exposición «Verbas de paleta»