
Aínda que moitos non o saben, o berberecho ten cerebro, cun tamaño inferior ao que lle correspondería para o seu corpo, en proporción moi inferior á do ser humano respecto do noso corpo. Non lles serve para facer operacións matemáticas, porque non o necesitan para evitar os perigos e para buscar a supervivencia.
Así, os que viven en lugares como Os Lombos do Ulla, saben que cando chove moito, a proporción de auga doce poderíaos facer morrer, polo que aproveitan cando a marea baixa para saír á superficie e deixarse arrastrar ata o espazo salgado seguro.
O micro cerebro dos percebes ou das lapas é suficiente para facerlles vivir ancorados ás rochas, no lugar ideal para recibir nutrintes. As londras ou as cegoñas van recollendo paus da natureza —sen quitarllos ás árbores— e constrúen o seu fogar, adaptando as súas necesidades ao territorio no que viven, sen modificalo.