Adela Soutelo, alumna de Ciencias Biosanitarias no IES Virxe do Mar

La Voz

BARBANZA

«Aproveito para ler todo o que caia nas miñas mans»

26 nov 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

1. O seu mellor momento para a lectura. Pola noite, logo dun día atarefado.

2. Criterios que segue para a escolla d un libro. Que trate algún tema que me interese: ciencia, cambio climático, medicina... Pero tamén aproveito para ler todo o que caia nas miñas mans.

3. Que che achega a lectura? Descubrir outras culturas e maneiras de pensar.

4. Os seus libros favoritos. Un mundo feliz, de Aldous Huxley.

5. Un xénero literario. A narrativa e tamén o ensaio se é sobre os temas citados.

6. Un personaxe e un espazo literario. Momo, de Michael Ende, e como espazo literario a «fábrica» de embrións en Un mundo feliz.

7. Que está a ler agora? Dor menstrual, de Kopano Matlwa.

8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Antía Yáñez e Aldous Huxley.

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? As saídas coas amigas e a natureza.

10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. O monte Louro.