Fue Italia, país donde el covid había azotado primero, de donde se importó el fenómeno de asomarse a las ventanas y balcones a cantar y a aplaudir para combatir el confinamiento y rendir, además, homenaje al personal sanitario
Fue Italia, país donde el covid había azotado primero, de donde se importó el fenómeno de asomarse a las ventanas y balcones a cantar y a aplaudir para combatir el confinamiento y rendir, además, homenaje al personal sanitario ALBERTO LINGRIA | Reuters

20 dic 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Non entendo como seguen construíndo balcóns dun metro, cando sabemos que a única utilidade que teñen é a de saír a fumar o cigarro, e pouco máis. Son erros que se arrastran dun ano para outro, como o de facer corredores de un metro, que só serven para gastar o pavimento.

Eses raquíticos balcóns son utilizados polos temporais para meter humidades nos pisos, acabando os donos pechándoos cunha galería de cristal, que desafina co resto da fachada. Acto seguido úsanos como almacén de fregonas, vasoiras, caixas e mesmo meten a lavadora.

É certo que os primeiros balcóns remóntanse a hai 4.000 anos en Mesopotamia, pero utilizábanse como elementos climáticos contra as tórridas temperaturas. Saltaron á literatura e Shakespeare fíxoos famosos con Julieta Capuleto, e mesmo o propio Gaudí introduciu balcóns na súa arquitectura. O de saír ao balcón é un protocolo que utilizan políticos para saudar ou facer un discurso, ou para mirar unha procesión —e ben que se paga por eles—, pero a utilización fóra deses círculos concretos e moitas veces mal deseñados non concorda coa nosa climatoloxía.

Realmente, para que un balcón sexa útil debe ter máis dimensión e poder colocar asentos para ler ou para charlar. A súa estrutura debe inspirarse na arquitectura popular, na que cada peza está colocada para cumprir unha función, pero nos edificios modernos continúan a placa do interior e toman a varanda con cemento ou con elementos metálicos, sen chumbo. E logo veñen as consecuencias que mencionei ao principio.

Coma sempre, as cousas ben deseñadas e ben construídas son para (case) toda a vida.