Paisaxes Sonoras cumpre cinco anos 

Ribeira

BARBANZA

Os concertos terán lugar entre o 23 e o 25 de agosto en Boiro, Ribeira, A Pobra e Rianxo

31 jul 2024 . Actualizado a las 21:51 h.

Todo está preparado para que, entre os días 23 e 25 de agosto teña lugar, nos municipios da mancomunidade Barbanza Arousa, o festival Paisaxes Sonoras, que cumpre xa cinco anos. A presentación da cita tivo lugar no parque periurbano de San Roque.

Esta edición está marcada por unha tripla fusión entre natureza, música e enogastronomía, con actividades como degustacións e visitas guiadas que se darán a coñecer proximamente.

O festival arrancará o 23 en Boiro, ás 20.00 horas, con Abraham Cupeiro. Na xornada seguinte haberá dous concertos. Ás 12.00 horas, Uxía e Ruibal estarán en Ribeira, mentres que ás 20.00 horas actuarán The Rapants na Pobra do Caramiñal. A última intervención terá lugar en Rianxo, coa presenza de Xurxo Fernandes e Pan sen Fron en Rianxo ás 12.00 horas.

As entradas están á venda no portal Ataquilla, habendo só abonos para os catro concertos. O custe é de 20 euros máis gastos de xesión.

Ao acto de presentación acudiron Luís Pérez Barral, presidente da Mancomunidade Barbanza Arousa; os concelleiros de cultura de A Pobra, Patricia Lojo; Boiro, María Outeiral, Rianxo, Julio Alcalde, e Ribeira, Antía Alberte, así como Francisco Suárez-Puerta, edil de Festexos de Ribeira, e a xerente de Barbanza Arousa, Fátima Cachafeiro.

O rexedor ribeirense indicou que Paisaxes Sonoras pretende poñer en valor o territorio dando a coñecer os seus recursos singulares.