«Kai zen»

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

BARBANZA

31 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

concepto de Kai zen refírese a unha mellora continua, non só no eido profesional senón tamén no persoal, e invita a reflexionar sobre o noso xeito de valorar a vida. En moitas ocasións, as nosas preocupacións están centradas en metas efémeras, como a acumulación de bens materiais, que non fan máis que alimentan un ciclo de insatisfacción constante. O Kai zen propón un cambio de enfoque: mellora de xeito pausado e sustentable, pero centrado.

Busquemos no 2025 algo máis que o éxito superficial e volvámonos máis conscientes das nosas prioridades. As pequenas accións que nos fan sentir ben, como pasar tempo con seres queridos, practicar algo que nos apaixone ou simplemente gozar dunha tarde tranquila. Estas son as cousas que verdadeiramente teñen valor. A clave está en identificar o que nos aporta benestar e serenidade, sen deixar que inflúa o ruído externo.

É hora de dar un paso atrás e avaliar se estamos dedicando o noso tempo ás cousas que realmente nos fan felices. A acumulación de obxectivos máis materiais ou a presión constante por conseguir pode resultar unha ilusión que nos afasta da verdadeira felicidade. O propósito para este novo ano é, por tanto, centrarse nas experiencias sinxelas que alimentan a nosa alma, evitando a sobrecarga de actividades.

Adoptar o Kai zen é unha invitación á simplicidade, a saborear cada momento e a agradecer as cousas que realmente importan. Neste 2025, o noso reto debería ser buscar a felicidade nas cousas sinxelas e deixarnos de lado o innecesario. A mellora continua, pero esta vez, centrada no que verdadeiramente conta.