Bricolaxe

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

BARBANZA

No disponible

Foron moitos anos nos que se estigmatizou o oficio de albanel

11 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Ohábito que tiñamos de chamar a un albanel para facer reparacións na casa vaise acabar. Xa poden vostedes comezar un curso acelerado de bricolaxe e pedir ao ceo aprender a tempo para reparar os estragos que xurdan.

Foron moitos anos nos que se estigmatizou o oficio de albanel, foron moitas as actitudes de desprezo deste traballo que, sendo difícil e cunha gran destreza, gran parte do pobo foi construíndo. Hoxe, case ninguén quere desenvolver ese oficio, os que o fan teñen traballo asegurado por moitos meses, e levándolle a contra aos líderes de opinión, este traballo non o pode facer a intelixencia artificial.

Hoxe hai centros comerciais especializados na construción, nos que vemos familias cos carros cheos de elementos ata agora reservados para estes profesionais. A xente moza compra en internet, sen ter idea da composición dos elementos na obra e cada vez máis, pódense considerar como chapuzas os arranxos caseiros que facemos.

Ademais dos estigmas, teñen moitas dificultades para contratar aprendices, aos que lles teñen que pagar como expertos por aprender o oficio, e que son máis felices mirando o móbil que levando unha carreta de area. Din as fontes consultadas que a xente de agora é máis feliz na casa e cunha paga estatal que manchando as mans, que non lles importa a formación, pensan que todo se aprende nunha semana.

Malos tempos para as avarías caseiras, que nin a intelixencia artificial nin as pagas poden resolver. Viviremos en casas con eivas irresolubles, con fendas sen pechar. So altos poderes adquisitivos van poder contratar un albanel.