
En Ribeira e Outes varios locais serviron este prato de tapa, e en Rianxo houbo ofrenda floral e lectura de poemas
23 feb 2025 . Actualizado a las 19:55 h.Decenas de persoas puideron saborear hoxe en varios establecementos da comarca o famoso caldo de gloria, unha degustación que serviu de colofón aos actos que durante toda a semana se sucederon en toda a comarca en honor a Rosalía de Castro, a poeta que naceu hai 188 anos. En Outes xa comezaron o sábado coas xornadas gastronómicas rosalianas, que continuaron este domingo no restaurante Vila, O Taboleiro, O Albatros, A d'Mailús, Casa Roque e A de Suso.
Tamén se puido probar unha tapa de caldo de gloria en Ribeira, onde prepararon esta receita de Rosalía no Cocoluche, Tagen Ata, Castelao, A Recoveira, Plaza, Pedra Pateira, D'Vicio e Central.
O paseo da Ribeira de Rianxo foi outro dos escenarios nos que se rendeu homenaxe á famosa escritora, que é filla adoptiva da vila. Ademais de facer a tradicional ofrenda floral diante do monumento da autora, levouse a cabo unha lectura colectiva de poemas que tiveron como protagonista a una singular Rosalía de Castro.