Ego

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

BARBANZA

Un niño habla por su teléfono móvil, en una imagen de archivo.
Un niño habla por su teléfono móvil, en una imagen de archivo.

Antes, as familias vivían unha existencia baseada na comunidade, na solidariedade e no traballo conxunto

20 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

É unha das palabras que definen o primeiro cuarto do século XXI. A sociedade galega atravesa unha transformación profunda desde as súas raíces colectivas até a adopción dun modelo cada vez máis individualista. Antes, as familias vivían unha existencia baseada na comunidade, na solidariedade e no traballo conxunto. A convivencia, a cooperación e o apoio mutuo eran os alicerces dunha vida en común, onde todos contribuían ao benestar colectivo. O traballo na terra, as festas tradicionais ou as simples conversas ao redor da lareira reforzaban ese sentido de pertenza, onde o benestar do grupo primaba sobre os intereses individuais.

Porén, a modernidade trouxo un cambio neste modo de vida. Agora os valores individuais e egoístas están a moldear a nova sociedade. Os pais, na súa procura de proporcionarlles a mellor vida aos seus fillos, danlles todo o que queren, e esquecen aprenderlles a importancia de compartir, de cooperar, de formar parte dunha familia. O egoísmo tornase a norma, e os sentimentos de comunidade e colleita colectiva perden a súa forza. A concepción de que todo debe estar ao alcance do individuo provoca que se valoren os logros persoais por encima do ben común. O «eu» substitúe o «nós». E así, estamos forxando unha sociedade onde a prioridade non é o benestar do colectivo, senón a satisfacción inmediata das desexos individuais.

É un erro darlle aos nosos fillos todo o que queren, sen aprenderlles valores, para evitar que o egoísmo se instale como o motor principal da nosa sociedade, evitando espírito de cooperación que define a nosa identidade galega.