
1. O seu mellor momento para a lectura. Nada máis saír o sol ou, se non, cando se está poñendo.
2. Criterios que segue para a escolla dun libro. Escollo libros de fantasía, e tamén me guío moito pola portada.
3. Que lle achega a lectura? Coñecementos de anatomía para resolver un crime, ata saber a historia do meu cantante favorito.
4. Os seus libros favoritos. En castelán, La caja de Pandora, de Vilaplana. En galego, Ledicia Costas e o seu último libro, Pel de cordeiro.
5. Un xénero literario. A ciencia-ficción e a fantasía.
6. Un personaxe e un espazo literario. Poirot resolvendo o crime de Jacqueline de Bellefort nun cruceiro.
7. Que está a ler agora? Estou rematando dúas obras de Julio Verne: Miguel Strogoff e El lector.
8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Ledicia Costas e, pola parte inglesa, Elisabetta Gnone.
9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? Tocar a frauta e o piano, e tamén xogo bastante ao fútbol coa familia.
10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. A ría de Arousa dende o monte Muralla.