Sacerdotisas do amor celta para levar a cabo rituais polos que se unen parellas de diferentes lugares do planeta no dolmen de Axeitos.
27 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Situado na parroquia de Oleiros, en Ribeira, considerase que data do Neolítico, entre 4.000 e 3.600 anos a. de C., case 6.000 anos de historia. É dicir, antes da chegada dos celtas. Trátase dunha tumba, case cemiterio, pois consta que alí enterráronse varios defuntos. O dolmen de Axeitos, para moitos de nós, a Anta de Axeitos ou a Pedra dos Mouros. Definiuno Carlos García Bayón, ilustre profesor de varias xeracións de ribeirenses, articulista de prestixio con varios premios no seu haber e home de amplos saberes, como o partenón do megalitismo galego. O paso dos anos vén a confirmar tal denominación sendo un dos túmulos funerarios do megalítico mellor conservados da península, o que lle permitiu ser declarado ben de interese cultural (BIC) o 11 de marzo de 1978 xunto co dolmen de Dombate.
Foi a Deputación Provincial da Coruña a que se fixo cargo deste monumento e dos terreos ao seu redor acondicionando e poñendo en valor o legado que nos deixaron os nosos devanceiros da idade de pedra.
O acondicionamento dos terreos, e o arranxo dos arredores, chama a atención das sacerdotisas do amor celta para levar a cabo rituais polos que se unen parellas de diferentes lugares do planeta, que procurando o oeste encontraron en Axeitos o lugar onde certificar, sen papeis, a certeza de que alí ese lazo non se vai quebrar, tendo como testemuña o rumor dos carballos, o mesmo monumento funerario e a sombra do monte Tahume.
Ningunha información á vista di que non se celebren estes rituais