Culturgal expándese e chega a Ribeira

BARBANZA

<span lang= gl >Camilo Franco, Luís Pérez, Natividad González e Antía Alberte presentaron o programa.</span>
Camilo Franco, Luís Pérez, Natividad González e Antía Alberte presentaron o programa. cedida

O cartel inclúe obradoiros, representacións teatrais, concertos e proxeccións de cinema

08 oct 2025 . Actualizado a las 15:16 h.

Culturgal, a Feira das Culturas Galegas que cada ano converte a Pontevedra en epicentro da actividade cultural galega, estenderase nesta edición para chegar ata Ribeira. Nos vindeiros días 25 e 26, o auditorio da cidade dará cabida a un completo de actividades para todas as idades, que contarán cunha presenza destacada de artistas e de creadores locais.

«Culturgal Expandido chega a Ribeira para manter o noso propósito de levar a cultura galega ás vilas pequenas e medianas da provincia», explicou Natividad González, responsable da área de Cultura na Deputación da Coruña, que participou na mañá deste mércores na presentación do programa xunto co rexedor local, Luís Pérez; a concelleira de Cultura, Antía Alberte; e o director da feira, Camilo Franco.

«É moi importante para nós que Ribeira sexa sede dun dos eventos máis importantes do ano na cultura galega», afirmou o alcalde. Pola súa banda, Camilo Franco destacou o programa das actividades que se desenvolverán na cidade: «Aquí teremos tamén todas as disciplinas da cultura galega, como literatura, música, danza, artes escénicas, videoxogos ou cinema».

As actividades comezarán o sábado 21 ás 10.00 cun obradoiro de baile da man Fran Sieira, que dará paso a O lobo feliz, un espectáculo infantil con Miguel Guido. A mañá pecharase cun obradoiro sobre elaboración de guións para videoxogos.

Pola tarde iranse sucedendo un club de lectura con Sonia Díaz e Maga Tojo, unha conversa literaria con Sandra Lodi e Laura Suárez, unha peza escénica da man de Quico Cadaval, unha sesión de danza con Fran Sieira y, para o remate, a proxección de O Apóstolo, de Fernando Cortizo.

O domingo desenvolveranse as cinco últimas actividades incluídas no Culturgal Expandido con sede en Ribeira. As dúas primeiras están dirixidas ao público infantil: unha sesión de contos a cargo de Ghazafellos e un concerto de Irene Alonso Gasalla.

A programación da tarde inclúe un obradoiro de sons no cinema dirixido por Alba Pego, un coloquio con escritores que resultaron premiados no certame literario Cidade Centenaria de Ribeira que moderará Chus Blanco e un concerto final con Nan Îllonia, Os Liantes, Lau Panicanela e Xeba.