Artes premia aos creadores de versos

M. X. B.

BARBANZA

<span lang= gl >Manuel López Rodríguez recogió en noviembre un premio en el certamen Albariza de Artes</span>
Manuel López Rodríguez recogió en noviembre un premio en el certamen Albariza de Artes cedida

A duodécima edición do certame de poesía Albariza culminou coa entrega de galardóns

17 nov 2025 . Actualizado a las 15:32 h.

Un ano máis, o Centro Recreativo de Artes quixo promover a creación poética en lingua galega a través do seu xa tradicional certame Albariza, para o que contou coa colaboración do Concello de Ribeira. O concurso culminou coa entrega de galardóns, acto no que tamén se fixo público o fallo do xurado e se lle rendeu un merecido homenaxe a Manuel Reiriz, presidente da entidade durante catro décadas que hai uns meses lle deu o relevo a Rosa Orellán.

Nesta duodécima edición erixiuse como vencedor da categoría de adultos o noiés Manuel López Rodríguez, completando o palmarés Alba Sánchez Ares, Rebeca Puentes Carro e Emilio Fernández de Sanmamed. Na sección de 9 a 11 anos, os premios foron para Nicolás González Ordóñez, Paula Paz Martínez e Claudia Arcos Paz; mentres que na de 12 a 14 anos obtiveron galardón Fátima de la Iglesia Lobato, Ana González Barreiro e Erik Vidal Pego.

A modalidade de 14 a 18 quedou deserta, pero houbo dúas mencións, para Pepita Vidal Pérez e Magdalena Castro González, na sección especial de persoas maiores.

O acto de entrega de premios, celebrado na tarde do domingo, contou coa presenza da alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, que destacou a importancia que ten acadado o certame Albariza, «un dos máis lonxevos non só do noso municipio, senón de toda a comarca. Estamos ante unha cita ineludible co mundo das letras, coa creación literaria e coa lingua galega». Ademais, puxo en valor a implicación nesta iniciativa de varios colexios.

Rosa Orellán, a actual presidenta do Centro Recreativo de Artes, recoñeceu a valía que para ela teñen todos os que concorreron ao certame: «Hai que ter unha sensibilidade especial para facer poesía, porque hai que chegar á alma». Do mesmo xeito, aproveitou para agradecer o labor do seu antecesor, Manuel Reiriz, e entregarlle unha escultura coa inscrición Mira cara atrás e síntete orgulloso por todo canto conseguiches.

O grupo A Misela púxolle a nota musical a unha gala na que tamén recibiu premio Clara González, deseñadora do tríptico conmemorativo.